28/02/10

Falabamos na clase das podas de formación no viveiro, e xurdiu o caso do chamado plátano de sombra (Platanus x hispanica), paradigma de especie mal podada e maltratada nos parques e avenidas. Exemplos de aberracións hainos a miles, por iso vou poñer unha foto do que debería ser.
Non atopei a foto dos plátanos do Castelo de Soutomaior, e tiven que ir ao Canal du Midi (patrimonio da humanidade) no seu inicio en Toulouse na France.

12/02/10

Mogetón

Lembrades que vos comentara que para controlar a Marchatia polimorpha, a nosa amiga a hepática dos **!!!##, había un producto novo (fai pouco que se autorizou en españa) de nome comercial Mogeton. Resultado das pescudas: comercialízase en caixas con 4 unidades de 1,5 kg, a 66,93 euros/kg, co cal hai que apoquinar 401,58 euros...non vai ser desta.

11/02/10

Tree Woman

Wangari Muta Maathai é unha activista política e ecoloxista keniana. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz polas súas contribucións o desenvolvemento sostible, a democracia e a paz. É a primeira muller africana que recibe este galardón. Fundou o Movemento Cinturón Verde especie de lobby ecoloxista responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en Kenia para evita-la erosión do solo, e mellorar a calidade de vida das mulleres que o llevaban a cabo. Isto fixolle meceredora do alcume Tree Woman. Gran activista medioambiental, a prol das mulleres, da paz...valores, que eiqui en propagación infinta, compartimos e intentamos propagar.

Despois de varios anos infructuosos, estes días comezou a plantación* por parte dos compañeiros de 1º do arboreto do centro, parcela de silvicultura ou coma a queramos chamar...quizais: pequeno cinturón verde...xa sabedes: Pensa gobalmente e actúa localmente.

*O noso viveiro contribúe cuns estupendos capudres (Sorbus aucuparia) de 3 anos de semente, calibre 6-8 e uns 2 m, unhas aciñeiras (Quercus ilex) e sobreiras (Quercus suber) de 2 anos de semente procedente de Tras-os-Montes (Portugal).

09/02/10

Lavadora de macetas

Como estamos a ver estes días unha das esixencias da comercialización de planta é que o envase ou maceta ten que ir limpo, limpísimo*. Únicamente quedarían libres deste requisito as plantas que van directamente para obra.
Pois así como a lavadora tivo unha infuencia decisiva na liberación da escravitude das tarefas domésticas, o lavamacetas pode selo no ambito da comercialización de plantas, el frotar se va acabar, un antes e un despois. A necesidade fai o órgano que dirían os Lamarquistas...e un empresario Tomiñes patenta a PV Lavaplant, unha lavadora de macetas cun rendimento de ata 2000 envases/hora. Hai tedes un enlace cun artículo (10/04/08) da Voz de Galicia.es onde fala do asunto.
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/04/10/0003_6720127.htm

*Outra opción é cambiarlles a maceta sucia por outra nova, pero non resulta, xa que logo cando o cliente colle a planta no garden cáeselle e queda co cepellón ao aire...ahhh **!!!*??!, que diría Angela.

08/02/10

Substrato Siro

Entre os distintos substratos que empregamos nas prácticas, o que usamos para planta ornamental en envase a partir de 2L é o seguinte:
SIRO-turba. Liña profesional. SRT30-2
Substrato de granulometría 0-12 mm; mixtura de 70% casca de piñeiro compostada + 30% turba rubia; e fertilizado con 2 gr/litro de adubo de liberación lenta (12 meses).
O custe é de 4,92 euros/saco 70 litros (sae a 0,07 euros/litro). O palet leva 39 sacos; tamén se comercializa a granel ou en BigBag (2,3 m3).

07/02/10

labores de febreiro

Como vedes aquí, xa nolo comentara Uxío, hai tres cousas que se pode empezar a facer en febreiro nos xardíns. ten unha explicación moi pequena, pero a páxina ten outras historias. É como bricomania, explicache historias faciles, sencillas y para toda la familia. Eu creo que está ben sobre todo para los de Taboeja que es lo que tienen.

http//www.plantasyhogar.com/jardin/tareas/index.cfm?pagina=jardin_tareas_002_002

02/02/10

Hai alghén aí?

Hei propagadores!!, estades xa abducidos polo síndrome fin de ciclo? ou estades simplemente abducidos?...Oh! dade algún sinal, manifestádevos...malos tempos para a lírica, xa o sei: o proxecto, os exames,...pero sempre pódese atopar un recuncho para as plantas; eses seres bondadosos e filántropos. Nós dan O2, e piden tan pouco a cambio, o CO2 que nós sobra do fume dos nosos coches...non se vós abranda o corazón, pecadores...ou era propagadores, da igual, o caso é: que hai máis importante que a propagación deses seres excepcionais...pero aínda estades a tempo. Podédevos redimir facendo unha nova entrada no blog, ou facendo o voso (xeneroso) donativo á conta que aparece a pé de páxina. A elección é vosa.
O tele-propagador
2009-2010-00-0000011888

P.D. Isto, claro está, é unha brincadeira, pero só na forma, porque sí me gostaría que fixerades algunha nova aportación a este blog, que é o voso...o sinto pero sáeme o seminarista que levo dentro.