O outro día, na clase, estivemos a falar das
árbores PLUS, seleccionadas polas súas boas características fenotípicas para integarse nun programa de mellora vexetal. Outra cousa serían as
árbores senlleiras, concepto que se refíre a aqueles exemplares de calquera especie que polas súas características extraordinarias son considerados reliquias botánicas, que teñen un valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental superior. Para garanti-la conservación destas árbores no 2007 publicouse o
DECRETO 67/2007, do CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS, no que se establecen as árbores e formacións singulares merecedoras dun ámbito especial de protección.
Facer un catálogo de árbores sobresaintes non é unha idea nova; o omnipresente enxeñeiro Rafael Areses xa seleccionou sete mágnificas árbores na provincia de Pontevedra. Entre elas destacaba o
Piñeiro manso (Pinus pinea) de Areas*, que foi adquirido polo estado para protexelo pero por razóns de difícil comprensión foi apeado.
Esta é a unica foto que atopei, suficiente para facerse unha idea do seu extraordinario tamaño.
*Seica estaba en Tomiño. Inda que Areas pertence ao Concello de Tui.(?)
Para consolarnos temos o Piñeiro manso dos Candeiras**, no lugar do Castro - Ponteareas. Fai dous anos profesores e alumnos do CS-XORNP d'Granxa, en colaboración ca Consellería de MA, realizou labouras de poda e limpeza de ponlas mortas.
O ano pasado intentamos recoller semente, pero as poucas piñas que ten son inaccesibles.
**O Pino manso dos Candeiras está incluido no catálogo de árbores senlleiras da Galiza.